Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Incluirá a realización de probas de resposta curta escrita e orais, onde se avaliará o grao de aprendizaxe dos contidos de cada unha das actividades propostas ó longo do curso.

Algunha proba poderá ter carácter eliminatorio do sistema de avaliación continua.
90 B1
B5
B14
C2
Observación sistemática Actitude persoal e disposición ó traballo que permitan valorar o nivel de seguimento do conxunto de actividades da materia (presenciais e non presenciais). 10 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C2
C16
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia neste centro será preferentemente continua.

Para ser avaliado mediante o sistema de avaliación continuo é necesario que o alumno acade un rendemento satisfactorio mínimo en cada unha das probas realizadas. Estas probas poderán ser de diverso tipo (probas orais, resposta escrita). Cada ano, a traverso dos contidos do programa docente incluídos na Plataforma Tema, indicarase a cualificación mínima para continuar no sistema de avaliación continua.

Os alumnos que non sexan avaliados mediante o sistema de avaliación continuo (ou que non superaron satisfactoriamente este) poderán ser avaliados mediante un exame final. O exame final correspondente á primeira e segunda convocatoria seguirá o mesmo modelo e criterios de cualificación que o empregado nas "probas de resposta curta" empreagados ó longo do sistema de avaliación continuo.

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin no examen final, figurarán nas actas como non presentados.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. Neste centro, no caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000