Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas Consiste na resolución, de forma individual de cuestións expostas, guiadas e supervisadas polo profesor sobre a materia. Avaliarase a comprensión da materia por parte do alumno 100 CG1
CG2
CG13
CE1
CE3
CE5
CE11
CE15
CE16
CT3
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Non presencial, cun exame final que incluirá contidos teórico e / ou práctico mediante preguntas que poden ser tipo test, curtas, de desenvolvemento ou estudios de casos. Esta proba é destinado a avaliar a comprensión dos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota, e avaliar así, tanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e a utilización gramatical e ortográfica correcta usados naquelas partes que o requiran.

- Presencial, a realización das actividades dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc. Estas probas de avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas polo alumno ao longo do desenvolvemento das clases, nas que se valorará a correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluír a resolución de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo, y la realización e exposición oral de traballos dalgúns dos temas acordado co profesor. Neste bloque presencial poderase valorar a participación do alumno.

- As características concretas do exame final, tanto na avaliación presencial (convocatoria de xullo) como na no presencial, serán detalladas por parte dos profesores da materia (na clase e a través da plataforma Tema) con anticipación o mesmo e no marco dos prazos legais establecidos pola Universidade de Vigo.

- Os estudantes para aprobar a materia deben obter por un u outro sistema de avaliación unha nota igual ou superior a 5 puntos, sendo obrigatorio en tódolos casos superar o exame final (ou os parciais en caso de ser ofertados).



- En todos os exames será obrigatorio identificarse de forma oficial (DNI, pasaporte) e esta prohibida a tenencia de móbiles, smartphones, calquera outro dispositivo electrónico, mesmo cando estean apagado ou en repouso. Incumprir estas dúas condicións invalida a convocatoria para o cal este concorrendo.

- Datas e horarios de probas de avaliación de diferentes chamadas especifícanse no programa de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021. No caso de conflito ou disparidade entre as datas das probas prevaleceran as sinaladas na web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000