Economía: Microeconomía é unha materia que se distingue polo seu alto enfoque analítico e conceptual. Aínda que non se necesita un dominio de matemáticas avanzadas, é esencial ter certo coñecemento sólido de conceptos matemáticos básicos. Por exemplo, é importante saber que é unha función de unha ou varias variables, como se representa, como derivar, e como determinar o seu máximo ou mínimo.
Algúns estudantes poden atopar algunhas dificultades debido á abstracción e razoamento lóxico da materia, e a que dispoñen dunha base matemática pouco sólida. Para superar estas dificultades, aconséllase seguir o seguinte procedemento de estudo:
• A asistencia á clase é fundamental para seguir a materia.
• Levar a cabo un proceso de estudo continuo, sistemático e ordenado.
• Preguntar todas as dúbidas que poidan xurdir, así como concertar titorías personalizadas co profesorado.
Seguindo este procedemento, o estudante aprenderá de forma gradual os conceptos e técnicas explicadas na materia.
Esta guía docente está redactada polo coordinador en galego. En caso de existir diferenzas entre versións en idiomas distintos, a que prevalece é a que está en galego.
As particularidades da materia serán publicadas en MOOVI (maior especificación da avaliación, metodoloxía docente, deseño e estrutura da materia...).
Recoméndase a asistencia a clase, aínda que non é obrigatoria.
Prohíbese en clase calquera uso de dispositivo móbil para a realización de vídeos ou fotos.
O estudante citado a unha proba de avaliación terá que comparecer no lugar e hora prevista cun documento acreditativo oficial da súa identidade en formato físico ou dixital (DNI, NIE, pasaporte, cartón universitario ou carné de conducir). |