Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto. Tamén se terá en conta a entrega de boletíns e a realización dos cuestionarios ao finalizar cada tema. 10 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C9
C16
D1
Probas de resposta curta Exame escrito (8 puntos). Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico dos primeiros temas da materia, e unha proba final na data establecida na data oficial establecida no calendario de exames.

A proba final consistirá de dous partes (a primeira corresponderase cos temas do parcial e, a segunda, cos restantes) cada unha das cales se valorará sobre 4 (o alumno debe obter como mínimo 1,5 punto sobre 4 en cada parte, se non estará suspendo, sendo necesario obter 4 puntos ou máis para aprobar o exame e poder sumar esa nota á avaliación continua). A nota obterase da media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte. Esta nota sumarase á avaliación continua (se se cumpren os requisitos anteriores) e apróbase cunha nota de 5 puntos ou máis.

O alumnado que supere o exame parcial, só terá que examinarse, na proba final, da segunda parte que se corresponde cos temas restantes. O estudante que non supere o exame parcial terá que examinarse de toda a materia na proba final. Poderá establecerse unha nota de mínima para poder superar o exame parcial.
90 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C9
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación do estudiantado que non se presenta ao exame será a que obtivese por avaliación continua.
Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos.
A nota obtida na avaliación continua (20% da nota final) poderase manter para todas as convocatorias do ano académico 2017/18.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas en e calendario de probas de avaliación aprobada pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000