Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Entrega de follas de exercicios e a nota dos pequenos controis que periodicamente se poidan facer.
20
Probas de resposta curta Exame escrito (ata 8 puntos):
Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico dos primeiros temas da materia, e un exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames.
O exame final constará de 2 partes (a primeira corresponderase cos temas 1 a 5 e a segunda cos temas restantes), cada unha das cales valorarase sobre 10. Para poder aprobar a materia será preciso obter como mínimo 3 dos 10 puntos en cada unha das partes. Nese caso, a nota do exame obterase como a media aritmética simple das cualificacións obtidas en cada unha das partes.
Os alumnos que superen o exame parcial (obtendo unha cualificación igual ou superior a un tercio da nota máxima do exame) só terán que examinarse no exame final da parte correspondente aos temas restantes. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NOTA IMPORTANTE: Como xa se mencionou, a nota final da materia resulta da suma da cualificación obtida na avaliación continua máis a obtida no exame. Con todo, a puntuación do exame só se terá en conta cando en cada unha das partes do mesmo o alumno obteña unha puntuación igual ou superior a un tercio da nota máxima do exame. En caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación obtida por avaliación continua. A cualificación dos alumnos que non se presentan ao exame será a cualificación que obteñan por avaliación continua. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos. A descripción desta guía está pensada para a modalidade presencial. A nota obtida polo alumno na parte presencial poderá ter vixencia para as convocatorias para as que da dereito a matrícula de cada curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000