Guia docente 2026_27
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Nas clases prácticas, os estudantes resolverán exercicios vinculados aos contidos teóricos. Esta metodoloxía permite que o alumnado identifique as cuestións que revisten maior dificultade, facilitando a resolución de dúbidas durante a sesión. Así mesmo, realizarase un seguimento continuo do proceso de aprendizaxe mediante a entrega periódica de probas e exercicios prácticos.
Lección maxistral Nas clases teóricas exporanse os contidos dos distintos temas, desenvolvendo con maior detalle os puntos de especial complexidade. Para un seguimento axeitado e unha mellor comprensión das sesións, é preciso que o alumnado consulte con antelación os materiais docentes facilitados para cada tema.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000