Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que se proporcionarán aos alumnos con antelación para que os resolvan antes da clase. Dese modo poderán identificar aquelas cuestións que lles resultan máis dificultosas e poderán resolver as súas dúbidas en clase.

Tamén se realizará o seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante pequenas probas e exercicios que haberán de entregar.
Titoría en grupo Nos seminarios en grupos reducidos realizaranse diversas actividades dirixidas a afianzar os coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases teóricas e prácticas.

Lección maxistral As clases teóricas impartiranse nas 15 semanas do cuadrimestre. Nas clases teóricas exporanse de forma reducida os principais contidos dos distintos temas, desenvolvéndose con máis detalle os puntos de maior complexidade.
Para un axeitado seguimento e comprensión das clases é necesario que os alumnos lean con antelación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000