1. Primeira oportunidade
O/a estudante debe elexir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.
a) Avaliación continua
De acordo ao descrito anteriormente.
b) Exame final
O/a estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluido do mesmo realizará un único exame final. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 40% da cualificación final.
3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.
As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o alumnado que non se somete á avaliación continua coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete á avaliación continua, a saber: B1, B2, B7, B8, C1, D1, D6 y D7.
2. Segunda oportunidade
A. O/a estudante que se someteu a avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo curso. Nestes casos, o exame representa o 75% da cualificación final.
O exame final constará de dúas partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2) Un caso práctico, consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 40% da cualificación final.
B. O/a estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluido do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 40% da cualificación final.
3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.
As datas e os horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son os especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da asignatura e ao alumnado matriculado.
As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o alumnado que se somete a segunda oportunidade de exame coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete á avaliación continua, a saber: B1, B2, B7, B8, C1, D1, D6 y D7.
En todos os casos, as pruebas realizadas permitirán avaliar os resultados de formación e aprendizaxe.
As do profesorado universitario pódense consultar no perfil docente na Uvigo (http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/) as do profesorado profesional atenderanse previa concertación de cita.