Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valoración do contido escrito do TFM e da defensa oral do mesmo ante un tribunal. 100 A2
A3
A4
A5
B5
B6
C1
C7
C10
C13
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1º. Para que o TFM poida ser presentado e defendido por o/a estudante e avaliado polo tribunal, é necesario que previamente sexa supervisado polo/a titor-a; para que o/a titor-a poida realizar este labor (e logo o/a estudante poida efectuar, no seu caso, as correccións pertinentes), É NECESARIO QUE O/A ESTUDANTE ENTREGUE AO SEU TITOR-A UN BORRADOR DO TRABALLO COMPLETO CON POLO MENOS QUINCE DÍAS NATURAIS DE ANTELACIÓN Á DATA ESTABLECIDA DE ENTREGA DO TFM. (todo iso sen prexuízo das esixencias razoables adicionais que o titor poida engadir en función das caracerísticas do traballo ou outras circunstancias razoables concurrentes). O/a titor-a responderá ao estudante coas observacións e correccións oportunas en non máis de 7 días naturais.

2º. A avaliación corresponderá ao Tribunal do TFM, que decidirá motivadamente conforme aos criterios establecidos no Regulamento para a Elaboración do Traballo de fin de Grado en Dereito.

3º- A defensa do traballo prevista no art. 12 do regulamento desenvolverase do seguinte xeito: 1.- Tras serlle concedida a palabra pola/o presidente do tribunal, a/o estudante efectuará a súa exposición oral nun tempo máximo de 10 minutos. 2.- A continuación, os membros do Tribunal, si considérano oportuno, poderán intervir para formular a o/á estudante algunha pregunta directamente vinculada co seu TFM e, só si fose o caso, expoñer os motivos que en principio puidesen fundamentar unha valoración negativa dalgún(s) dos aspectos avaliables do traballo. 3.- O/a presidente do Tribunal concederá de novo a palabra a o/á estudante para que, si fose necesario, brevemente responda ás preguntas e, no seu caso, observacións que lle suscitaron os membros do tribunal.

4º.- Os estudantes deberán cumprir co seu deber de "absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da Universidade" (art. 13.2.d do R.D. 1791/2010), si o Tribunal apreciase a conculcación de tal precepto, poderá suspender a o/á estudante cun "0" e poñer o asunto en coñecemento das autoridades correspondentes aos efectos legais que puidesen resultar oportunos".

5º.- Todo o anterior aplícase a todas as convocatorias ou oportunidades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000