Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Prácticas Externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas O titor/a de a entidade externa avaliará as competencias concretas que a/o estudante debe adquirir, valorando especialmente o
desenvolvemento das competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado. Para superar a materia, o estudante deberá obter unha cualificación superior a 5 e cumprir os demais requisitos sinalados no *art. 15 do Regulamento de prácticas
externas do máster. Para obter unha cualificación de 9 ou superior, véxase outros comentarios e segunda convocatoria. Resultados de aprendizaxe: enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais; familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da
Avogacía; coñecer a actividade do resto de operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da profesión; recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión; desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado.
85 A2
A3
A4
A5
B5
B6
C1
C2
C3
C5
D1
D2
D3
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum O titor/a académico elaborará un informe de valoración final no cal determinará a cualificación final, unha vez supervisadas a memoria final entregada polo/a estudante, o informe do titor/a profesional e o informe do/a estudante. Para obter una cualificación de 9 ou superior, véxase outros comentarios e segunda convocatoria. Resultados de aprendizaxe: familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da Avogacía; coñecer a actividade do resto de operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da profesión; desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado.
15 A4
A5
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
De acordo co art. 15 do Regulamento de prácticas externas do Máster universitario en Avogacía da Facultade de dereito:
1. A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor/a académico asignado a cada estudante.
2. Para poder ser avaliado positivamente é necesario:
a) Non faltar máis dun 10 % das horas que conforman a práctica. No caso de que as faltas sexan xustificadas e superen a porcentaxe anterior, a CAM decidirá se o/a estudante pode ser avaliado positivamente. O titor/a da entidade externa poñerá en coñecemento do coordinador/a profesional as faltas de asistencia xustificadas e inxustificadas do alumno/a ás prácticas externas para os efectos oportunos.
b) Que a cualificación global que figure no informe de seguimento emitido polo titor/a da entidade externa sexa igual ou superior a cinco puntos sobre dez (anexo III, informe do titor/a da entidade externa). O titor/a da entidade externa avaliará as competencias concretas que a/o estudante debe adquirir segundo a guía docente, valorando especialmente o desenvolvemento das competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado, ítem do anexo III no que se representan as demais competencias.
c) Entregarlle o seu informe de prácticas ao titor/a académico no prazo dos sete días hábiles contados dende o día en que conclúen as prácticas. Este informe de prácticas estará constituído por un informe do propio alumno/a sobre a avaliación das prácticas e das suxestións de mellora (anexo IV, informe do estudante) e pola memoria final das prácticas externas do/a estudante, que como mínimo conterá a seguinte información:
- Datos persoais do/a estudante.
- Nomes do titor/a académico e do departamento da Universidade de Vigo ao que pertence.
- Nome e cargo do titor/a na empresa.
- Nome e localización da empresa ou entidade onde realizou as prácticas.
- Breve descrición da empresa, do sector ao que pertence e das súas liñas de traballo principais.
- Descrición concreta e detallada das tarefas, dos traballos desenvolvidos e dos departamentos da empresa ou entidade aos que estivo asignado.
- Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e coas competencias adquiridas en relación cos estudos universitarios cursados.
- Relación dos problemas técnicos presentados e o procedemento seguido para resolvelos.
- Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
- Breve descrición das incidencias xurdidas ao longo das prácticas que lle foron comunicadas ao titor/a académico, así como as solucións adoptadas.
- Avaliación das practicas e das suxestións de mellora segundo o anexo IV «Informe do estudante».
- Outros documentos esixidos polos programas de prácticas internacionais.
3. O titor/a académico elaborará un informe de valoración final (anexo v, informe do titor/a académico) no cal determinará a cualificación final, con base nas especificacións da guía docente da materia, e unha vez supervisadas a memoria final entregada polo/a estudante, o informe do titor/a profesional e o informe do/a estudante.
Se a cualificación obtida no informe de seguimento do titor/a da entidade colaboradora é igual ou superior a cinco, a avaliación do devandito titor/a representará o 85% da cualificación global da materia e a do titor/a académico o 15% restante. Para obter unha cualificación de 9 ou superior, será necesario que o/a estudante obteña a cualificación do sobresaínte en ambas as dúas avaliacións. No caso de que o/a estudante non reúna algún dos tres requisitos enumerados nas letras a), b) e c) do apartado 2 deste artigo, recibirá a cualificación de «Suspenso».
4. Unha vez finalizado o proceso de avaliación, o titor/a académico porá en coñecemento dos coordinadores das materias a cualificación final e asinará e entregará na secretaría do centro os certificados de prácticas en empresas (certificado acreditativo de realización de prácticas académicas externas, anexo VI). Os certificados incorporaranse ao expediente de cada estudante
SEGUNDA CONVOCATORIA: Aplicarase igualmente o art. 15 do Regulamento de prácticas externas do Máster universitario en Avogacía da Facultade de dereito.
As datas de entrega dos informes do titor externo e do estudante e da memoria de prácticas das diferentes convocatorias fixarase de acordo co art. 15 do Regulamento, en función da data de remate das prácticas prevista no cronograma da materia aprobado pola comisión académica para o presente curso académico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000