O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do cuadrimestre académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.
1. Primeira oportunidade de exame (maio/xuño): A/o estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final. A) Avaliación continua: Para poder optar polo sistema de avaliación continua, a/o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: 1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final. 2.- Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final. O citado exame final constará de dous partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final. A data e a hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018. B) Exame final: A/o estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluída/o do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final. 3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final. A data e a hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018.
2. Segunda oportunidade de exame (xullo): A) A/o estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame representa o 80% da cualificación final. O exame final constará de dous partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
B) A/o estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluída/o do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final. 3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final. A data e a hora do exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018. |