Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Tributaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Nos "Seminarios" das clases presenciais proporase ao alumnado a realización de distintas actividades: resolución de casos prácticos, exposición oral dun tema ou estratexia de defensa dun cliente, etc. Para ese efecto, e como sistema de avaliación continua, valorarase especialmente a participación activa do alumnado nas devanditas actividades, o que representará o 20% da súa cualificación final. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B5
B6
C1
C2
C3
C10
C13
D1
D2
D3
Probas de tipo test A proba final, que representa o 80% da nota, constará de dúas partes: unha proba tipo test (30% da nota) e a resolución dun ou varios casos prácticos (50% da nota). 30 A2
A3
B2
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios Parte da proba final, que representa o 50% da nota, orientada a verificar a adquisición de destrezas e competencias polo alumnado á hora de resolver casos prácticos. 50 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B5
B6
C1
C2
C3
C10
C13
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do cuadrimestre académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.



1. Primeira oportunidade de exame (maio/xuño):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

A) Avaliación continua:

Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:

1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final.

2.- Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final.

O citado exame final constará de dous partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

A data e a hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017.

B) Exame final:

O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.

A data e a hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017.



2. Segunda oportunidade de exame (xullo):

A) O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame, representa o 80% da cualificación final.

O exame final constará de dous partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.


B) O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. 

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.

A data e a hora do exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000