1. Primeira oportunidade (xaneiro 2018)
O/a estudante debe elexir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.
a) Avaliación continua
Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o/a estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:
1. A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final.
2. Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final.
O exame constará de dúas partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.
2) Un caso práctico, consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.
A data e hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018.
b) Exame final.
O/a estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluido do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da calificación da materia.
O exame constará de tres partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.
2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.
3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018.
2. Segunda oportunidade (Xullo 2018)
A. O/a estudante que se someteu a avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. En estos casos, o exame representa o 80% da cualificación final.
O exame final constará de dúas partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.
2) Un caso práctico, consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.
B. O/a estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluido do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.
2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.
3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e hora do exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018.