Guia docente 2017_18
Facultad de Derecho
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e participación nas sesións presenciais. 20 A5
B5
B6
C14
D2
Probas de tipo test Realización dunha proba do tipo indicado. 30 A5
B6
C8
C10
D1
Estudo de casos/análisis de situacións Realización dun caso práctico. 50 A4
B6
C8
C10
C13
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira oportunidade (fin do cuadrimestre no que se dea a materia): O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.
1.1. Avaliación continua: Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: i- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final. ii- Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final; é necesario aprobar o exame en si mesmo para sumar a nota relativa á asistencia e participación. O exame constará de dúas partes: a) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final. b) Un caso práctico, que representará o 50% da cualificación final.
1.2. Exame final: O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame que conta o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes: a) Un test, polo 30% da cualificación final. b) Un caso práctico, polo 50% da cualificación final. c) A exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e a hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018.

2. Segunda oportunidade (xullo):
2.1. O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo pola asistencia e participación nas sesións presenciais. Deberá aprobar, ademais, un exame idéntico en estrutura e porcentaxes de cualificación ao descrito no anterior apartado 1.1.
2.2. O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do mesmo realizará un só exame que representa o 100% da nota final da materia. A estrutura e porcentaxes de cualificación serán idénticos aos descritos no apartado 1.2.
A data e a hora do exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017/2018.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000