Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Deontoloxía, Organización Profesional e Quenda de Oficio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios 0
Probas de tipo test Proba obxectiva de coñecementos sobre os puntos I, II e III do temario. 30 A1
A3
A4
A5
Estudo de casos/análise de situacións Aplicación de coñecementos á resolución de casos prácticos relacionados co punto II do temario. 50 A1
A2
A4
C1
C2
C3
C6
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

I. Primeira oportunidade (maio/xuño):  

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.  

  1. Avaliación continua:  Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:  1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final.  2.- Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final.  O exame constará de dous partes: (1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final, (2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.  

  1. Exame final:  O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.  

O exame constará de tres partes:  

  1. Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.  

  1. Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.  

  1. Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.  

A data e a hora do exame final da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017.

II. Segunda oportunidade (xullo):  

a. O estudante que se someteu á avaliación continua manterá a cualificación recibida, a que se sumará á súa cualificación final só en caso de aprobar o exame final. Este exame, que representa o 80% da cualificación final, constará de dous partes: (1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final, (2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.  

b. O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame final. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.  

O exame constará de tres partes:  

  1. Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.  

  1. Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.  

  1. Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.  

A data e a hora do exame final da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000