Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Prácticas externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Informe realizado polo titor da entidade na que o estudante realice as prácticas. O informe avaliará o desempeño do alumno conforme aos ítems sinalados no anexo incorporado á normativa que regula as prácticas externas. A cualificación global de informe será a nota media das puntuacións outorgadas en cada un dos criterios avaliados, que fan referencia, entre outras competencias, á capacidade de aprendizaxe, comunicación, responsabilidade, adaptación, iniciativa, motivación, traballo en equipo, puntualidade, formación... En ningún caso valoraranse menos de 5 criterios, polo que a puntuación de cada ítem non representará nunca unha valoración superior ao 10% na nota final das prácticas. Polo tanto, a porcentaxe do 50% distribuirase nos diferentes ítems a valorar, de acordo con a normativa de prácticas.
Resultados de aprendizaxe: Aplicar os coñecementos teóricos do Dereito á práctica
50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C7
C23
C33
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas de forma autónoma Elaboración, presentación das memoria e avaliación polo titor/a académico/a.
A entrega do informe intermedio (ponderada nun 10%) e da memoria final das prácticas (40% restante) realizarase no prazo indicado polo Regulamento de prácticas externas do Grao en Dereito da Universidade de Vigo.
Resultados de aprendizaxe: Aplicar os coñecementos teóricos do Dereito á práctica.
50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C7
C23
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS  DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA: Avaliaranse as competencias e aspectos non superados na primeira convocatoria.

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.

De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000