Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Prácticas externas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Tendo en conta a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
Non obstante, ao ser a materia de prácticas externas unha materia singular que depende en gran medida tanto da oferta por institucións e empresas como da situación na que estas se atopen no momento da incorporación, haberá que aterse ao que, para cada momento, poda establecer ao efecto o Goberno do Estado ou as autoridades competentes. En ausencia de regulación expresa ou na medida en que sexa compatible coa normativa existente, prevense as pautas seguintes para facilitar o tránsito da docencia presencial á no presencial.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes
Manterase a metodoloxía prevista na guía docente sendo necesario que as prácticas se desenvolvan en condicións de seguridade, de autoprotección e de distanciamento físico en función da normativa vixente e do estipulado no correspondente Convenio de cooperación educativa. Durante os períodos de docencia mixta ou non presencial, poderán desenvolverse total ou parcialmente baixo a modalidade telemática como dispón a normativa da Universidade de Vigo. No suposto de non poder realizar as prácticas en entidades externas e que non se podan realizar de forma telemática, cada alumno/a redactará unha memoria/informe final de contido práctico de algunha das disciplinas do Dereito que supervisará un titor que teña a condición de titor académico.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Para a atención das titorías dos coordinadores e dos titores de prácticas, utilizaranse medios non presenciais -fundamentalmente, os despachos virtuais dos profesores e correos electrónicos, foros ou outros medios telemáticos-.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
*No suposto de que non exista a posibilidade de realizar prácticas presenciais ou telemáticas nunha empresa ou institución, o estudante ten a única alternativa de redactar un informe/memoria de contido práctico que terá un valor do 100% da nota final. Avaliarase polo titor/a académico/a como responsable das prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000