Guia docente 2019_20
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Criminoloxía e dereito penitenciario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia a desenvolver durante as clases teóricas e prácticas, e que poden supor traballo autónomo do alumnado.

Resultado de aprendizaxe:
Coñecer o significado e as funcións da Criminoloxía.
Coñecer o sistema de penas.
Coñecer o sistema de execución de penas.
30
CB2
CB3
CG1
CG3
CG4
CE77
CT1
CT3
CT4
CT5
Exame de preguntas obxectivas Preguntas formuladas sobre o programa da materia, repartidas en tres probas eliminatorias.
No caso de non superarse algunha das probas anteriores, o alumno/a deberá presentarse o exame final coa materia non superada.

Resultado de aprendizaxe:
Coñecer o significado e as funcións da Criminoloxía.
Coñecer o sistema de penas.
Coñecer o sistema de execución de penas.
70
CB5
CG2
CE76
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que queira acollerse ao sistema de avaliación continua deberá manifestar a súa vontade neste sentido asinando un documento que se lle presentará a tal efecto nas primeiras semanas de clase por parte do profesor.

Realizaranse tres probas tipo test (que supoñen ó 70% da nota final) que serán eliminatorias. As duas pimeiras realizaranse o longo do curso e a derradeira realizarase na data fixada para o exame final. Ese día realizarase a terceira proba tipo test e a recuperación das probas non superadas, si fora necesario.

O 30% restante acadarase coa realización de actividades, exercicios, etc a desenvolver durante as clases prácticas e teóricas e mediante a realización de traballos que se avaliarán polo profesor.

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumno que non se acolla á avaliación continua terá dereito a un exame final (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de desenvolvemento e 20 preguntas tipo test. Este exame representará o 100% da cualificación.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Para todos os alumnos consistirá nun exame final (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta dedesenvolvemento e 20 preguntas tipo test. Este exame representará o 100% da cualificación.

4.- OUTROS COMENTARIOS EN SEGUNDA OPCIÓN

Indicánse competencias que se avalían e resultados do aprendizaxe na avaliación para non asistentes na primeira opicón e fín de carreira.

Competencias avaliadas: as mismas que no sistema de avaliación para asistentes.

Resultados do aprendizaxe avaliados: Os mismos que no sistema de avaliación para asistentes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000