Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito de defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia e participación activa.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións propios do Dereito de Defensa da Competencia,
manexar con soltura o sistema de fontes relativo ao devandito ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
5 A3
A4
B3
B4
D1
Presentación Exposición e debate de casos e situacións vinculados ó Dereito de Defensa da Competencia.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións propios do Dereito de Defensa da Competencia,
manexar con soltura o sistema de fontes relativo ao devandito ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
10 A3
A4
B1
B3
B4
D1
D2
D5
Estudo de casos Exporanse situacións ou problemáticas xa dadas, ou que poidan darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións... Teranse en conta as formulacións, interpretacións e razoamentos que se poñan de manifesto no desenvolvemento dos casos prácticos.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións propios do Dereito de Defensa da Competencia,
manexar con soltura o sistema de fontes relativo ao devandito ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
15 A3
A4
B1
B3
B4
D1
D2
D5
Exame de preguntas obxectivas O alumnado suxeito ao sistema de avaliación continua deberá realizar dúas probas obxectivas ao longo do cuadrimestre, sobre os contidos da materia, que representarán un 35% da cualificación cada unha delas, sendo de carácter non liberatorio a primeira. O alumnado non suxeito ao sistema de avaliación continua realizará somentes unha única proba obxectiva final. Incluiranse preguntas directas sobre aspectos concretos. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións propios do Dereito de Defensa da Competencia,
manexar con soltura o sistema de fontes relativo ao devandito ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
70 A1
A4
B1
B4
C63
C64
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Unha vez superado o prazo dun mes desde o
comezo do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de 10
días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa
intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.

Primeira oportunidade de exame

(convocatoria de Xaneiro)

A.- O alumnado que se acolla ao sistema de avaliación continua

Deberá asistir regularmente ás clases presenciais e será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba (asistencia, estudo/resolución de casos, exposicións -30% da cualificación- e dúas probas  obxectivas -que representan cada unha delas un 35%, sendo a primeira de carácter non liberatorio- composta de preguntas curtas). Este alumnado nunca será avaliado mediante un exame final que represente o 100% da cualificación da materia.

B.- O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua

Non terá dereito a ser avaliado de acordo cun sistema de avaliación continua. Por tanto, este alumnado deberá someterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa cualificación final.

Segunda oportunidade de exame

(convocatoria de Xullo)

No exame da convocatoria de Xullo só se realizará unha proba final obxectiva. A valoración desta proba dependerá de se o/a alumno/a se acolleu ao sistema de avaliación continua (70% da cualificación final), ou non (100% da súa cualificación).

Así, ao alumnado que se someteu ao sistema de avaliación continua, conservaráselle a nota do devandito sistema. Isto é, se non aprobase a materia na convocatoria de Xaneiro (primeira oportunidade de exame), non por iso perdería a cualificación obtida ao longo do proceso de avaliación, xa que se lle conservaría tal nota.

Con todo, se non aprobase a materia nos dous citados exames do curso académico (Xaneiro e Xullo), pasando a outro curso académico diferente, tería que, obrigatoriamente, someterse de novo ao proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva. Con iso quérese pór de manifesto que as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua non se gardan dun curso académico para outro.

Convocatoria de Fin de Carreira:
No exame da convocatoria de Fin de Carreira só se realizará unha proba final obxectiva, cuxa valoración será o 100% da cualificación final.

As competencias avaliadas e os resultados da aprendizaxe son os mesmos para todo o alumnado, con independencia de que se escollese o sistema de avaliación continua ou non, ou mesmo que se trate da avaliación de alumnado en convocatoria de fin de carreira.

PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso actual e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na Guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000