Guia docente 2023_24
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Argumentación e interpretación xurídica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de ter que ditar a materia en modalidade mixta ou non presencial, todas as actividades previstas, incluindo aquelas que se utilizan como medio de avaliación, levaranse a cabo utilizando as ferramentas do Campus Remoto e da plataforma de teledocencia FAITIC. Todos os materiais necesarios para o estudo da materia estarán dispoñibles en formato dixital. En caso de ter que impartir a materia en modalidade non presencial, estableceranse todas as medidas oportunas para facilitar ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, para evitar calquera tipo de problema de conciliación e/ou de conectividade á rede. As titorías nestes casos levarán a cabo utilizando todos os medios técnicos dispoñibles, segundo as necesidades do alumnado, e baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000