Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito tributario da Unión Europea e internacional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Como metodoloxías docentes seguiranse utilizando a clase maxistral e o seminario, aínda que se adaptarán ao escenario de non presencialidade ou semipresencialidade. En concreto, a súa aplicación farase efectiva a través das aulas virtuais da Universidade co reforzo ou apoio complementario da súa plataforma de teledocencia.

A atención personalizada ao alumnado concretarase en tutorías que se desenvolverán por medios telemáticos, preferentemente a través dos despachos virtuais asignados ao profesorado responsable da materia, baixo a modalidade de concertación previa.

Non se prevén modificacións substanciais dos contidos a impartir.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

1ª EDICIÓN DE ACTAS.-

- Para o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua, a ponderación ou repartición da nota final queda como segue:

a) Substituiranse as probas de tipo test e presenciais na aula polo mesmo tipo de probas a realizar a través da plataforma de teledocencia da Universidade. Ditas probas seguirán representando o 70% da nota final.
b) Valorarase o grao de cumprimento e entrega en prazo das tarefas ou exercicios que periodicamente se vaian sinalando a través da plataforma de teledocencia da Universidade. Este apartado representará un 10% da nota final.
c) O 20% restante da cualificación total provirá dun exame final tipo test, que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade.

O mencionado exame final realizarase na data e hora sinalados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2021-2022.

-O alumnado NON acollido ao sistema de avaliación continua terá que realizar un exame final tipo test a través da plataforma de teledocencia da Universidade que representará o 100% da súa cualificación.

O exame final realizarase na data e hora sinaladas no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2021-2022.

2ª EDICIÓN DE ACTAS.-

- Para o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua aplicaranse as seguintes pautas:

A nota de avaliación continua obtida ao longo do cuadrimestre, que representa o 80% da súa cualificación final, conservarase para esta segunda edición de actas. Nesta segunda oportunidade tamén se manterá o mesmo modelo de exame final que na primeira oportunidade: un exame tipo test que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade, e que representará o 20% da cualificación final.

O mencionado exame final realizarase na data e hora sinalados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2021-2022.

-O alumnado NON acollido ao sistema de avaliación continua terá que realizar un exame final tipo test a través da plataforma de teledocencia da Universidade que representará o 100% da súa cualificación.

O mencionado exame final realizarase na data e hora sinaladas no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2021-2022.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

O exame de fin de carreira consistirá nunha proba tipo test que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, e que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame.

O mencionado exame realizarase na data e horario especificados no calendario oficial aprobado pola Xunta da Facultade de Dereito para o curso académico 2021-22.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000