Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Libre circulación de traballadores e políticas sociais europeas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS EN CASO DE DOCENCIA VIRTUAL OU MIXTA:

- Metodoloxías docentes: mantéñense todas as metodoloxías sinaladas na guía (lección maxistral, clases prácticas e estudo de casos), sendo obxecto de implementación a través dos mecanismos telemáticos dispostos pola Universidade de Vigo (Aulas Virtuais a través do Campus Remoto e Plataforma de teledocencia)

- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): as titorías levaranse a cabo por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia en despachos virtuais, foros...) baixo a modalidade de concertación previa

- Modificacións dos contenidos a impartir: non proceden.

- Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: non se modifica a bibliografía recomendada, sendo completada por esquemas e outros materiais facilitados a través da plataforma de teledocencia.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN EN CASO DE DOCENCIA VIRTUAL OU MIXTA:

- Avaliación continua: mantéñense todas as probas previstas (exámenes tipo test, entrega de prácticas e realización e exposición de traballos) que se desenvolverán a través dos mecanismos telemáticos dispostos pola Universidade de Vigo (Aulas Virtuais a través do Campus Remoto e Plataforma de teledocencia).

- Exame final: a proba de preguntas a desenvolver substitúese por un exame tipo test (80% da calificación final), mantense a proba práctica (20% da calificación final).

As probas desenvolveranse nas datas e horarios previstos no cronograma da materia e no calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000