Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Libre circulación de traballadores e políticas sociais europeas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
B2 Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
B3 Ser capaz de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica
B4 Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
C59 CEI 12 - Coñecer as políticas e o Dereito Social da Unión Europea e a súa repercusión no ordenamento interno.
C60 CEI 13 - Ser capaz de identificar problemas xurídicos derivados das políticas e o Dereito Social da Unión Europea e abordar a súa solución mediante o manexo e interpretación de fontes xurídicas comunitarias e internas e a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión.
D3 Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal.
D4 Capacidade de comportarse de maneira ética e con responsabilidade social como cidadán e como profesional, respectando a diversidade e multiculturalidade.
D5 Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000