Guia docente 2023_24
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Procesos especiais e métodos alternativos de solución de conflitos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios No sistema de avaliación continua levará a cabo unha proba consistente na resolución dun caso práctico que poderá referirse a algún dos contidos das Leccións 1 a 15.

A proba realizarase na data establecida polo profesor.

A nota obtida nesta proba constituirá o 40% da cualificación final.
No sistema de avaliación final, realizarase unha proba consistente na resolución dun caso práctico que poderá referirse a algún dos contidos das Leccións 1 a 15 e que constituirá o 30% da cualificación final. Realizarase na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade.

Resultados de aprendizaxe: o coñecemento por parte do estudante dos procesos civís especiais, dos procesos penais especiais e con especialidades e dos métodos
alternativos de solución de conflitos.
40 A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
C89
C90
D1
D3
D4
D5
Traballo No sistema de avaliación continua elaborarase e presentarase un traballo ou proxecto de acordo coas instrucións do profesor.

Este traballo haberá de presentarse na data establecida polo profesor.

A nota deste traballo constituirá o 20% da cualificación final.

Resultados de aprendizaxe: o coñecemento por parte do estudante dos procesos civís especiais, dos procesos penais especiais e con especialidades e dos métodos
alternativos de solución de conflitos.
20 A2
A3
A4
A5
B1
C89
C90
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas No sistema de avaliación continua levarán a cabo dúas probas de preguntas obxectivas de contido teórico. A primeira proba referirase ás leccións 1 a 9 e a segunda ás leccións 10 a 15. Cada proba realizarase na data establecida polo profesor. A nota media de ambas constituirá o 40% da nota final.
No sistema de avaliación final realizarase unha proba de respostas obxectivas de contido teórico que constituirá o 70% da cualificación final e que se realizará na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade.
Resultados de aprendizaxe: O coñecemento por parte do estudante dos procesos especiais civís e penais e métodos alternativos de solución de conflitos.
40 A2
A3
A4
A5
C89
C90
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Criterios de avaliación para asistentes primeira edición de actas: 

AVALIACIÓN
CONTINUA: 

Qué alumnos poden someterse ao sistema de avaliación continua?
Únicamente poderán someterse ao sistema de avaliación continua quen realizara as
probas tipo test, a proba de resolución do caso práctico e a elaboración e presentación dun traballo ou proxecto en grupo, previstos para este sistema. 

Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do curso académico, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.

En
qué consistirá a avaliación polo sistema de avaliación continua? 

Realizaranse as seguintes probas: 

1. Dúas probas teóricas nas datas
fixadas polo profesor. Estas probas terán un contido teórico. A nota
media de ambalas dúas constituirá o 40% da calificación final tendo que haberse obtido
unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha de elas para aprobar a
materia polo sistema de avaliación continua. 

2. Unha proba consistente na
resolución dun caso práctico na data fixada polo profesor. A nota obtida nesta proba constituirá o 40% da calificación final tendo que haberse
obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 na mesma para aprobala
materia polo sistema de avaliación continua. 

3. A elaboración e presentación
dun traballo ou proxecto, elaborado dacordo coas instruccións
do profesor, na data fixada polo profesor. A nota obtida neste
traballo constituirá o 20% da calificación final tendo que haber obtido
unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobala materia polo sistema de avaliación continua.

2. Criterios de avaliación para non asistentes en primera edición de actas ou que no teñan superado a materia por avaliación continua:

 AVALIACIÓN FINAL: 

¿Qué alumnos poden someterse
ao sistema de avaliación final? 

Poden someterse ao sistema de avaliación
final: 

a) os alumnos que non se someteran ao sistema de avaliación continua. 

b) Os alumnos que inicialmente decidirán someterse ao sistema de avaliación
continua pero non obtiveran unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 en
cada unha das probas previstas para este sistema (as dúas probas teóricas, a proba de resolución do caso práctico e a elaboración e presentación dun
traballo ou proxecto, dacordo coas instruccións do profesor). 

En qué consistirá a avaliación polo sistema de avaliación final? 

Realizaranse as seguintes probas: 

1. Unha proba teórica na data e hora aprobadas pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico. A nota media desta proba constituirá o 70 por cento da calificación final, tendo que haberse obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobala materia polo sistema de avaliación final. 

2. Unha proba consistente na resolución dun caso práctico na  data e hora aprobadas pola Xunta de Facultade. A nota obtida nesta proba constituirá o 30 por cento da calificación final tendo que haberse obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 na mesma para aprobar a materia por este sistema. 

Competencias avaliadas: As mesmas que no sistema de avaliación para asistentes. 

Resultados de aprendizaxe: Os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes.

3. Criterios de avaliación para segunda edición de actas e convocatoria fin de carreira: 

Realizaranse as seguintes probas: 

1. Unha proba obxetiva na data e hora aprobadas pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico. A nota desta proba constituirá o 70 por cento da nota final, debendo obter como mínimo un 5 sobre 10. 

2. Unha proba consistente na resolución dun caso práctico na data e hora aprobadas pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 30 por cento da nota final, tendo que obter como mínimo un 5 sobre 10.

Competencias avaliadas: As mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.

Resultados de aprendizaxe: Os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes. 

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. 

De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no seguinte enlace: http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/


 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000