Guia docente 2019_20
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Dereito financeiro e tributario I Código O03G081V01603
Titulacion
Grao en Dereito
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
9 OB 3 2c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Dereito público especial
Coordinador/a
Fernández López, Roberto Ignacio
Correo-e rfernandez@uvigo.es
Profesorado
Fernández López, Roberto Ignacio
Siota Álvarez, Mónica
Web
Descrición xeral O "Dereito Financeiro e Tributario I" é unha materia que ten por finalidade o estudo da ordenación xurídica dos ingresos e gastos públicos, así como das relacións xurídicas que xorden entre a Administración e os particulares.
A materia obxecto de estudo estrutúrase en tres grandes apartados. Dun lado, o primeiro apartado serve de introdución ao estudo do Dereito Financeiro, destacando a análise das fontes desta rama xurídica e do poder financeiro nos tres niveis de Facenda (Estado, Comunidades Autónomas e Corporacións Locais). Un segundo apartado dedica especial atención ao dereito orzamentario, é dicir, ao estudo xurídico do ciclo do gasto público. Por último, o terceiro apartado correspóndese coa denominada "Parte xeral" do Dereito Tributario, a cal -á súa vez- enfróntase por separado ao estudo do tributo e a obrigación tributaria, á interpretación e aplicación dos tributos, ao dereito sancionador tributario e, finalmente, á revisión dos actos administrativos tributarios, contidos todos eles cuxo coñecemento resulta imprescindible antes de abordar a "Parte especial" do Dereito Tributario ("Dereito Financeiro e Tributario II"), que completa a formación do estudantado no que atinxe ás materias obrigatorias de Dereito Financeiro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000