Guia docente 2025_26
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional privado
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñece e pode aplicar e interpretar as fontes que rexen as relacións xurídico-privadas transfronteirizas.
30 A2
A3
A5
B1
B2
B4
C1
C2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas parciais. Ademais, poderase realizar algún control deste tipo con preguntas sobre o desevolvemento das explicacións da clase.
Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñece e pode aplicar e interpretar as fontes que rexen as relacións xurídico-privadas transfronteirizas.
45 A2
A3
A4
A5
B1
B2
C1
D1
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñece e pode aplicar e interpretar as fontes que rexen as relacións xurídico-privadas transfronteirizas.
15 A3
B4
C2
D5
Debate “Valórase a asistencia a clase e a participación do alumnado nas distintas actividades,
debates ou exposicións. Compróbase a asistencia para evidenciar que, como
resultado da aprendizaxe, o alumnado coñece e pode aplicar e interpretar as fontes
que rexen as relacións xurídico-privadas transfronteirizas.”Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñece e pode aplicar e interpretar as fontes que rexen as relacións xurídico-privadas transfronteirizas
10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
C1
C2
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS:
Unha vez transcorrido un mes, desde o inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de dez días
hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.
En avaliación continua, realizarase tres parciais liberatorios que valerán un 45% da nota final en conxunto (15% cada un),
coa metodoloxía "exame de preguntas obxectivas", de cara a coñecer e poder manexar as fontes que rexen as relacións
xurídico privadas transfronteirizas, como resultado da aprendizaxe.
Ademais, realizaranse tres probas de tipo práctico que valerán outro 30% da nota final en conxunto (10% cada unha), coa
metodoloxía "resolución de problemas e/ou exercicios", de cara tamén ao dito resultado de aprendizaxe.
Haberá tres probas tipo test por un 15% (5% cada unha).
O 10% restante da nota procederá da asistencia a clase e da participación nos debates e nas actividades que se organicen,
coa metodoloxía de "debate" e de cara asemade aos resultados de aprendizaxe expostos.
O conxunto das probas previstas axustaranse ás competencias descritas no apartado correspondente desta guía docente,
que resultarán avaliadas como consecuencia daquelas
Para manterse na evaluación continua o alumno deberá aprobar todos os parciais liberatorios  e o terceiro exame práctico. No resto das  probas ( tipo test e os dous primeiros prácicos) non se require puntuación mínima. As distintas probas  non son reembolsables, excepto en circunstancias excepcionais. Para puntuar no apartado "debate" requírese unha asistencia mínima equivalente ao 80% das clases

CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS:
O alumnado que non supere a avaliación continua ou que non a siga por calquera motivo será avaliado mediante un exame
final teórico por valor do 50% da nota e outro práctico por valor doutro 50%, segundo as convocatorias que se publiquen por
parte do decanato da Facultade para o curso 2025-2026, consonte as metodoloxías e cara á obtención dos mesmos
resultados de aprendizaxe e avaliación de competencias descritas no apartado anterior. O alumno deberá conseguir no exame final  unha puntuación mínima de 3.5 puntos  tanto na parte teórica como na práctica.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA:
Para a segunda edición de actas e fin de carreira aplicarase o mesmo sistema descrito no apartado anterior.
As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025-2026 e documentación concordante
As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao
profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou
precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte
telemático.
O alumnado que, a xuízo do profesor, incumpla o compromiso ético esixido pola Universidade de Vigo en relación coa
realización de probas, será automáticamente expulsado da avaliación continua, sen prexuízo de outras accións que poidan
derivar da súa conduta.As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s
enlace/s 
https://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/jose-antonio-gonzalez-jerez/ (Grado)

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000