Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba que consiste na explicación de puntos concretos dos contidos da materia. Avalía o grao de coñecemento adquirido respecto dos temas indicados no apartado "resultados da aprendizaxe" desde unha perspectiva principalmente teórica. A proba inclúe o desenvolvemento por escrito dos elementos concretamente requiridos.
O alumnado suxeito ao sistema de avaliación continua deberá realizar dúas probas deste tipo: unha de carácter non liberatorio a mediados do cuadrimestre que computará ao 30% e outra ao final, sobre a totalidade dos contidos, que computará ao 40%.
70 A3
A4
A5
B1
B2
B4
C3
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba que consiste na resolución de un ou varios exercicios prácticos na que o enfoque principal se poñe na aplicación dos contidos da asignatura. Avalía o grado de coñecemento adquirido ao respecto dos temas indicados no apartado "resultados da aprendizaxe" desde un punto de vista principalmente práctico. A proba inclúe a exposición e, no seu caso, o debate sobre os argumentos e conclusións alcanzados no exercicio, que serán tidos en conta para a nota global da mesma.
O alumnado suxeito ao sistema de avaliación continua deberá realizar dúas probas deste tipo que computarán ao 15% da cualificación final cada unha delas.
30 A2
A3
A5
B4
C4
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMAS DE AVALIACIÓN

O alumnado poderá optar por un sistema de avaliación continua ou por un sistema de avaliación non continua. Quen se acolla ao primeiro terá a consideración de "asistente"; quen elixa o segundo, a de "non asistente". A opción por un sistema ou outro é libre. 

Unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.

1ª EDICIÓN DAS ACTAS

A) Alumnado ASISTENTE. Durante o período de clases, deberán asistir, participar activamente e entregar puntualmente os exercicios conforme ás indicacións do profesorado. Disto resultará o 30% da nota final. O 70% restante obterase dos dous exames teóricos formados por unha serie de preguntas directas sobre o contido da asignatura: un a mediados do cuadrimestre de carácter non liberatorio e que representará o 30% da cualificación e outro ao final, sobre a totalidade dos contidos, que computará ao 40%.
B) Alumnado NON ASISTENTE. A nota obterase nun só exame, composto de dúas partes. A primeira constará dunha serie de preguntas de carácter teórico e computará un 70% da cualificación. A segunda suscitará un ou varios supostos prácticos e computará o 30% restante. As competencias avaliadas son as mesmas que no sistema de avaliación para o alumnado asistente. Os resultados da aprendizaxe son tamén os mesmos que no sistema de avaliación para o alumnado asistente.

2ª EDICIÓN DAS ACTAS
A) Alumnado ASISTENTE. Gardarase a nota das prácticas desenvolvidas por avaliación continua, que representará o 30% da cualificación final. O 70% restante obterase dun exame formado por unha serie de preguntas sobre o contido da totalidade da asignatura.
B) Alumnado NON ASISTENTE. Deberá realizar un exame composto dunha parte teórica e outra práctica. A primeira consistirá nunha serie de preguntas directas sobre o contido da asignatura e computará o 70% da nota final. A segunda, nun ou varios exercicios prácticos e contará o 30% restante. As competencias avaliadas son as mesmas que no sistema de avaliación para o alumnado asistente. Os resultados da aprendizaxe son tamén os mesmos que no sistema de avaliación para o alumnado asistente.


FIN DE CARREIRA
TODO o alumnado deberá realizar un só exame de estrutura idéntica á prevista nos apartados anteriores para o alumnado NON ASISTENTE. As competencias avaliadas son as mesmas que no sistema de avaliación para o alumnado asistente. Os resultados da aprendizaxe son tamén os mesmos que no sistema de avaliación para o alumnado asistente.


PROBAS DE AVALIACIÓN
As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso actual e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na Guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000