Educational guide 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil III. Familia e sucesións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Probas en que se suscita unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo de diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da propia situación, etc. 40 B1
C42
D1
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas obxectivas de respostas curtas consistentes nunha ou varias palabras, ou medias dunha ou varias frases. 40 B1
C42
D1
D3
D5
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, análise dun caso, resultado dun proxecto, exercicio ou problema que haberá de ser resolvido previa lección maxistral. 20 B1
C42
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDIDICIÓN DA ACTA

O alumnado deberá realizar un exame teórico final, no que se lles realizarán preguntas obxectivas abertas. A nota representará, como máximo, o 40% da nota final.

Os alumnos que realicen a avaliación continua serán avaliados sobre as prácticas realizadas en clase, así como a asistencia á participación das mesmas. A cualificación supoñerá o 40 % da nota final.


Para acollerse ao sistema de avaliación continua, é obrigatorio a asistencia, polo menos do 80 % das clases.

Unha vez transcorrido o prazo de 1 mes, desde o inicio do curso académico, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que os alumnos matriculados manifesten formalmente a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.

Entenderase que o alumnado na avaliación continua deberán obter, para compensar unha parte coa outra, un 3 sobre 10 nos casos, e un 4 sobre 10 na proba de contidos, sen que ningunha das preguntas teña do exame teórico unha cualificación inferior a 3 puntos sobre 10.

Así mesmo, durante o curso académico celebrarase un debate sobre os contidos da materia nos que se valorará a participación e os coñecementos. A valoración na cualificación final será do 20 %.

O alumnado poderá renunciar á avaliación continua e á nota e pasar á parte práctica do exame, nas mesmas condicións que o alumnado que non participase na avaliación continua.

O alumnado que non realice a avaliación continua deberán resolver, ademais do exame teórico final cunha valoración do 70%, 2 casos prácticos sobre a materia, cuxa puntuación será como máximo o 30% da nota final.

Do mesmo xeito que na avaliación continua, para poder compensar unha parte coa outra se debe obter un 3 sobre 10 nos casos e un 4 sobre 10 na proba de contidos, sen que ningunha das preguntas do exame teórico teña un grao inferior de cualificación de 3 puntos sobre 10.


VALORACIÓN NA SEGUNDA EDICICÓN DA ACTA:

O sistema de avaliación no segundo período será o mesmo que no primeiro período, segundo sígase a avaliación continua ou final, podendo alcanzar o 100% da cualificación en ambos.


CONVOCATORIA FIN DE CARRERA: EXAME FIN DE CARRERA:

Farase da mesma forma que para os alumnos que non participaron na avaliación continua.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIAIS:

Realizarase a adaptación curricular #de acordo con o suxerido polo/a coordinador/a de discapacidade segundo os protocolos da Universidade.

DATAS, HORARIOS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario das probas de avaliación aprobado pola xunta de facultade para o curso 2023/2024.

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS:

As cualificacións da materia, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria, efectuarase a través da Secretaria virtual. O alumnado deberá ter activada a función de comunicación a móbiles. Igualmente, a través da plataforma moovi recibirán un aviso da publicación das cualificacións e da data da revisión prevista.

RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA

Inclúese recensión de bibliografía para facilitar ao alumnado unha fonte de manuais sobre os contidos da materia, de carácter meramente informativo, aos que poden acudir para completar explicacións que proporcionen os docentes.



USO DE MEDIOS LICITOS

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII do Regulamento sobre Avaliación, cualificación e calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado.

file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Regulamento%20de%20estudantes%20de%20a%20Universidade%20de%20Vigo%20(1).pdf

Nas probas avaliables o alumnado ten PROHIBIDOS o uso de dispositivos electrónicos con capacidade de comunicación e/o almacenamento de datos.


TUTORIAS

Realizaranse a pedimento do alumnado a través de correo electrónico dirixido ao docente.

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/152058851

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000