Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O sistema de avaliación ao que pode optar o alumnado é de dous tipos:
avaliación continua ou avaliación global.
Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do curso académico,
habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.
A asistencia ás clases prácticas é un factor esencial que se valora no
proceso de avaliación continua. É preciso ter asistido ao 75% das clases
prácticas para poder acceder ao sistema de avaliación continua. No caso de que por calquera motivo o alumnado non poida asistir ao 75%, non poderá participar no sistema de avaliación continua, debendo realizar un único examen final.
A proba de resolución de problemas e/ou exericicios consistirá nun exame escrito no que o alumnado debe resolver un ou varios casos prácticos.
A data, horario e lugar de realización desta proba serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.
Na avaliación continua esta constitúe a terceira proba, sumándose ás dúas probas tipo test que se explican no seguinte apartado, e supón o 40% da cualificación final da materia.
40 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas 1.ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciais tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou
varios casos prácticos, exposta anteriormente.
A dúas probas tipo test consistirán en sendos exames de 25 preguntas, con
catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as
correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da primeira proba tipo test inddicarase polo coordinador da materia na primeira semana do curso.
A cualificación da primeira proba tipo test supón o 30% da cualificación
final da materia.
30 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas 2.ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciais tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou
varios casos prácticos, exposta anteriormente.
A dúas probas tipo test consistirán en sendos exames de 25 preguntas, con
catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as
correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da segunda proba tipo test inddicarase polo coordinador da materia na primeira semana do curso.
A cualificación da segunda proba tipo test supón o 30% da cualificación
final da materia.
30 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1.ª OPORTUNIDADE DE EXAME

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
Descríbese nos apartados anteriores.
b) SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL: un único exame, que incluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da
asignatura. Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá nunha proba tipo test, de 50 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60% da cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou varios casos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación final. A cualificación final do exame será a suma das cualificaciones obtenidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos
na suma da cualificación de ámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o alumnado non se somete á avaliación continua coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete á avaliación continua, salientando as seguintes competencias: CB2, CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CE43, CE44, CT1, CT5, e os seguintes resultados de aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal; coñecer as fontes do Dereito penal; utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica
aplicados ao Dereito penal; coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as
categorías e conceptos da Teoría Xeral do Delito; coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente a
Teoría da Pena; coñecer e comprender os problemas sobre os concurso de leis
e de delitos: resolver supostos prácticos en materia penal, manexando
adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar
xuridicamente a solución.

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2.ª OPORTUNIDADE E FIN DE CARREIRA: un único exame, que incluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da asignatura.
Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica
consistirá nunha proba tipo test, de 50 preguntas, con catro posibles
respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non
puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60% da
cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou
varios casos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación
final. A cualificación final do exame será a suma das cualificaciones
obtenidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario
obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o
alumnado que se acolla a estas oportunidades de avaliación  coinciden cos establecidos para o
alumnado que se acolle á avaliación continua, salientando as seguintes competencias: CB2, CB3,
CG1, CG2, CG3, CG4, CE43, CE44, CT1, CT5, e os seguintes resultados de
aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal; coñecer
as fontes do Dereito penal; utilizar os diferentes métodos de
interpretación xurídica
aplicados ao Dereito penal; coñecer, comprender, interpretar e analizar
adecuadamente as
categorías e conceptos da Teoría Xeral do Delito; coñecer, comprender,
interpretar e analizar adecuadamente a
Teoría da Pena; coñecer e comprender os problemas sobre os concurso de
leis
e de delitos: resolver supostos prácticos en materia penal, manexando
adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar
xuridicamente a solución.

As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.

As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/s seguinte/s
enlace/s: http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/virgilio-rodriguez-vazquez/
http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/natalia-torres-cadavid/
http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/manuel-arias-carral/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000