Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumno deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado. 50 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas
pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección
múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Porase especial atención
no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado.
50 C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para a 1ª edición das actas (xuño) haberá dúas formas alternativas de avaliación:

Opción A: O estudante pode acollerse ao sistema de AVALIACIÓN CONTINUA que se acaba de expoñer, e que estará integrado por dúas probas de resolución de exercicios e dúas probas de preguntas obxectivas. Cada unha destas catro probas terá a mesma ponderación (25%) na cualificación final. Ó principio do cuatrimestre no que se imparte a materia, anunciarase un cronograma onde aparecerán as datas das distintas probas de avaliación continua. As competencias e resultados de formación e aprendizaxe avaliados son os que aparecen no cadro anterior.

Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. 

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan.

Opción B: O estudante que NON se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final
 na data oficialmente establecida coas seguintes ponderacións: proba de preguntas obxectivas (50%) e proba de resolución de exercicios (50%).

Para a opción B da edición de xuño, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a opción A da edición de xuño.

- Para a 2ª edición das actas (xullo) haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos dous tipos de
probas realizadas. Poderán subir nota nas seguintes partes: Proba de preguntas obxectivas (50%) e Proba de resolución de
exercicios (50%).

Opción B: Os alumnos que NON se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará
unha proba tipo test (50%) e unha proba de resolución de exercicios (50%).

Para a edición de xullo, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xuño.

- Para a convocatoria Fin de Carreira

O alumno que opte por examinarse en Fin de Carreira será avaliado únicamente cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.  

Para os alumnos de Fin de Carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xuño.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Dereito para o curso 2023-24 e documentación concordante.

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. 

De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.

As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s enlace/s: 

http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/juan-pintos-clapes/

https://moovi.uvigo.gal/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000