Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
C11 CE13 - Coñecer os principios de funcionamento que rexen nunha economía de mercado, comprender o comportamento dos distintos axentes económicos e coñecer os principais problemas económicos
C12 CE14 - Ser capaz de utilizar os principios e conceptos económicos como ferramenta para argumentar economicamente, identificar os problemas económicos e abordar a súa solución a través das políticas adecuadas a cada situación
D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión.
D3 Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000