Guia docente 2023_24
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Teoría do dereito
   Contidos
Tema Subtema
I. O Dereito como forma de organización social e
como sistema normativo.

TEMA 1. O concepto de Dereito. Positivismo e Iusnaturalismo. O Dereito
como sistema normativo. Validez, eficacia e xustiza do Dereito.
TEMA 2. O Dereito como forma de organización social. O control social e o
Dereito. Dereito e cambio social. As funcións do Dereito.
TEMA 3. O Dereito e outras ordes normativas. O Dereito e os usos sociais.
O Dereito e a moral. Distincións e conexións. Ética pública e ética privada.
O Dereito como realización da moralidade: moral legalizada.
TEMA 4. Dereito e forza. Dereito e poder político. Aproximación histórica.
Aproximación sistemática. O punto de vista externo. O punto de vista
interno: o Dereito como organización do poder. O Estado de Dereito e os
seus tipos.
II. A ciencia do Dereito. TEMA 5. O coñecemento científico sobre o Dereito: a polémica sobre a súa
posibilidade. A dogmática xurídica. Ciencia do Dereito, Filosofía do Dereito
e Socioloxía do Dereito. Dereito e cultura popular.
III. Teoría do Dereito: a norma xurídica e o
sistema xurídico.
TEMA 6. A norma como proposición prescritiva. Principais dimensións da
norma xurídica. Clasificación das normas xurídicas. Principios e regras.
TEMA 7. O ordenamento xurídico como sistema. A unidade do
ordenamento xurídico. A coherencia do ordenamento xurídico e o
problema das antinomías. A plenitude do ordenamento xurídico e as
lagoas.
TEMA 8. A produción normativa. O Dereito legal e o Dereito xudicial.
Outras normas de produción normativa: especial referencia ás fontes do
Dereito da Unión Europea.
IV. Interpretación e aplicación do Dereito. TEMA 9. Interpretación e aplicación do Dereito. Dereito e linguaxe.
Criterios de interpretación. A argumentación xurídica.
V. Conceptos xurídicos fundamentais. TEMA 10. A relación xurídica. Dereito subxectivo e deber xurídico.
Responsabilidade. Ilícito e delito. A sanción e os seus tipos.
VI. Os problemas do Dereito xusto e a eficacia do
Dereito.
TEMA 11. Xustiza e Dereito. Teorías da Xustiza. Isunaturalismo e positivismo xurídico.
TEMA 12. Lexitimidade do poder e xustiza do Dereito. A xustiza formal: a seguridade xurídica. A xustiza material: liberdade, igualdade e
solidariedade. Os dereitos fundamentais, os valores e os principios como desenvolvemento da idea de xustiza.Perspectiva de xénero e Dereito.
TEMA 13. A obediencia ao Dereito. Obriga moral e obriga xurídica. Obediencia e resistencia ao Dereito. A desobediencia civil e a obxección
de conciencia
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000