Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse, preferentemente, por medios telemáticos: correo electrónico ou a través do despacho persoal do profesorado no campus remoto da universidade, dentro do horario de titorías do profesorado (publicado na páxina web do centro). Será necesario contactar previamente co profesorado por correo electrónico para fixar a hora da titoría.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Facilitarase ao alumnado, a través de documentos on-line ou enlaces web, a través da plataforma Moovi

* Outras modificacións
Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Tanto no caso da docencia mixta como da docencia non presencial, a avaliación realizarase a través de medios telemáticos, aplicando os mesmos criterios de avaliación descritos na guía docente para a docencia presencial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000