Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Patrimonio cultural e turismo
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os alumnos sexan capaces de integrar o coñecemento e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir dunha información que, incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
B1 Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresions do Patrimonio cultural, coñecer as ferramentas para a sua cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a sua xestión.
C8 Comprender os valores multifactoriales do Patrimonio Cultural e avalialo adecuadamente de acordo cos criterios de uso social.
C13 Desenvolver a capacidade para tomar decisións sobre a función asignada ao Patrimonio, o seu valor e uso público, e para a elaboración de estratexias dirixidas á súa recuperación.
D7 Concebir a protección do patrimonio cultural nun marco de desenvolvemento sostible.
D9 Coñecer e xestionar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento no desenvolvemento de proxectos de enxeñería e no desenvolvemento de calquera aspecto do seu traballo profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000