Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Análise dun caso real entre os propostos na materia (Modalidad A ou B), coa finalidade de demostrar o dominio dos procedementos de catalogación e protección do patrimonio inmoble, así como da inserción da arquitectura contemporánea nos centros históricos. O resultado de aprendizaxe é: capacitar ao alumnado para o desenvolvemento de proxectos e traballos no ámbito patrimonial. 50 CB4
CG1
CE8
CE11
CE15
CT6
CT9
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba tipo test (Cuestionario 1 e Cuestionario 2) sobre os contidos da materia para a avaliación das competencias adquiridas, que inclue preguntas con distintas alternativas de resposta, utilizando as ferramentas de entrega nas datas programadas. Os resultados de aprendizaxe son: Coñecer a evolución na protección do Patrimonio Arquitectónico no seu contexto territorial e os procedimientos e mecanismos necesarios para a súa protección 20 CG1
CE8
CE15
CT9
Observación sistemática Se avaliará positivamente a participación do alumnado a través dos medios telemáticos nas distintas actividades virtuais propostas no desenvolvemento da materia. Os resultados de aprendizaxe son: capacitar ao alumnado para a sensibilización crítica e comprensión dos valores do Patrimonio. 30 CB4
CG1
CE8
CE11
CE15
CT6
CT9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación.

A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia, ao longo das semanas de docencia da materia mediante a entrega das actividades de avaliación requeridas. No caso de que as semanas de
docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos
previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao
final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste
caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda
avaliación realízase no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso
á plataforma docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000