Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión introdutoria encamiñada a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar os contidos da materia, recursos dispoñibles e probas de avaliación.
Lección maxistral Sesións para a exposición dos principais contidos teóricos da materia por parte do seu profesorado, coa axuda de medios audiovisuais, nas que os alumnos terán a posibilidade de asistir en forma de videoconferencia.
Estudo de casos Análise de casos reais entre os propostos na materia que o alumno realizará de forma autónoma. Manterase a comunicación entre profesorado e alumnado a través de videoconferencia na sala virtual da plataforma Campus Remoto.
Estudo previo Traballo autónomo do alumno mediante a preparación de lecturas relacionadas coa materia.
Seminario Sesións para a exposición básica dos contidos da materia, asesoramento para o desenvolvemento das actividades e do proceso de aprendizaxe, co apoio dos medios de teleformación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000