Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Análise dun proxecto expositivo proposto pola profesora ou elaboración dalgunha pequena proba ou cuestionario a través de medios telemáticos.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a capacidade de analizar os elementos e condicionantes que interveñen no seu deseño a partir dos contidos introducidos nas sesións teóricas da materia.
30 A4
B1
C8
D6
Traballo tutelado Elaboración dun proxecto expositivo de temática libre.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a adquisición da capacidade de deseñar exposicións de contido patrimonial, atendento ao punto de vista conceptual da creación de mensaxes e ao punto de vista material dos espazos. Valorarase tamén a adecuación aos criterios de planificación museística explicados nas sesións teóricas.
40 A4
B1
C8
C14
D1
D6
Observación sistemática Valorarase a presencialidade e participación activa do alumnado a través dos medios telemáticos (Campus Remoto, foros). 30 A4
B1
C8
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo
”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua
” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre.

As
probas de “avaliación global” desta materia consistirán no seguinte: Estudo de casos (40%) e Traballo tutelado (60%).

O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000