Guia docente 2021_22
Facultad de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Análise dun proxecto expositivo proposto pola profesora ou elaboración dalgunha pequena proba ou cuestionario a través de medios telemáticos.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a capacidade de analizar os elementos e condicionantes que interveñen no seu deseño a partir dos contidos introducidos nas sesións teóricas da materia.
20 CB4
CG1
CE8
CT6
Traballo tutelado Elaboración dun proxecto expositivo de temática libre.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a adquisición da capacidade de deseñar exposicións de contido patrimonial, atendento ao punto de vista conceptual da creación de mensaxes e ao punto de vista material dos espazos. Valorarase tamén a adecuación aos criterios de planificación museística explicados nas sesións teóricas.
60 CB4
CG1
CE8
CE14
CT1
CT6
Observación sistemática Valorarase a presencialidade e participación activa do alumnado a través dos medios telemáticos (e-meeting, foros). 20 CB4
CG1
CE8
CT1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación

A primeira se leva a cabo durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitaráse na plataforma de docencia unha semana adicional, ao final de cada cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda convocatoria de avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000