Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Historia, Memoria, Identidade e Patrimonio Cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades orientadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición esquemática polo profesorado dos contidos da materia, bases teóricas e directrices sobre os traballos e exercicios a desenvolver polo alumnado.
Estudo de casos Análise dun problema ou caso real relacionado coa materia, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, diagnosticalo e profundar en procedementos alternativos de solución, para ver a aplicación dos conceptos teóricos na realidade. Empregarase como complemento das clases teóricas para o autoaprendizaxe.
Resolución de problemas Actividades orientadas á formulación de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións idóneas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Foros de discusión Actividades desenvolvidas nunha contorna virtual na que se debaten temas relacionados cos contidos da materia.
Traballo tutelado Elaboración de documentos sobre a temática da materia de xeito individual ou en grupo ou preparación de investigacións, memorias, ensaios, etc.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000