Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Territorio e Paisaxe Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Presentar e subir á plataforma moodle, en data sinalada, unha memoria ou informe do estudo de caso feito. Valorarase o marco teórico, os contidos e estructura do traballo, a metodoloxía, documentación e bibliografía empregadas, a presentación e análise crítica. 50
CE1
CE8
CE12
Traballo Presentar e subir á plataforma Moodle, a partir dos materiais sinalados e en data indicada, un breve ensayo ou informe do traballo requerido para cada tema. 20
CB1
CG1
Outras Participación activa do alumnado nos foros, debates e demais actividades relacionadas co proceso de aprendizaxe da materia. 30
CT6
CT7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación.

A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia.
En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a
entrega das actividades de avaliación requeridas. No caso de que as semanas de
docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos
previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao
final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste
caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.



A segunda avaliación realízase no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso
á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000