Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Caracterización e Documentación Histórico-Artística
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos A atención personalizada consistirá na orientación sobre metodoloxía, redacción e presentación formal do traballo sobre o ben cultural elixido polo estudante. A atención farase mediante titorías online, os foros da plataforma Moodle, a sala virtual da materia e o correo electrónico.
Resolución de problemas A atención personalizada realizarase fundamentalmente a través do foro da materia e do correo electrónico para solventar as dúbidas sobre as búsquedas de fontes bibliográficas, documentais e gráficas, e a elaboración do esquema do estudo de caso. De ser necesario utilizaranse tamén titorías online, a sala virtual da materia e o correo electrónico.
Seminario Ao longo do curso o profesorado manterá relación directa co alumnado co obxecto de titorizar e resolver dúbidas, mantendo interacción en tempo real mediante a través das titorías online, os foros da plataforma Moodle, a sala virtual da materia e o correo electrónico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000