Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Caracterización e Documentación Histórico-Artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Para a avaliación das competencias e coñecementos adquiridos nos temas 2, 3 e 4, o alumnado realizará de forma autónoma seis exercicios concebidos como etapas previas para a elaboración do estudo de caso, que se entregarán no curso virtual creado na plataforma Moodle. Valorarase positivamente a participación activa e individual a través de medios telemáticos.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas relacionadas cun ben ou conxunto de bens e a realización de informes histórico-artísticos.
40 A4
B1
C1
C11
C14
D2
D8
Estudo de casos Análise dun problema ou caso real coa finalidade de que o alumnado demostre o dominio das ferramentas necesarias para a busca e consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas, relacionadas cun ben ou conxunto de bens culturais.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Saber buscar bibliografía e fontes arquivísticas precisas para a realización de traballos sobre bens culturais.
40 A4
B1
C1
C11
D8
Observación sistemática Parcipación activa nas clases e entrega en tempo e forma das tarefas e exercicios da materia
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas relacionadas cun ben ou conxunto de bens.
20 A4
B1
C1
C11
C14
D2
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo
”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua
” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre.

As
probas de “avaliación global” desta materia consistirán no seguinte: Realización de forma autónoma de seis exercicios concebidos como etapas previas para a elaboración do estudo de caso (50% da cualiaficación) e da análise dun problema ou caso real (50% da cualificación) 

O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000