Educational guide 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias Participación nas clases teóricas e nos foros da disciplina 10 A4
B1
C3
C4
D1
D9
Seminario Realizaranse probas de avaliación on-line (probas tipo test), sobre os contidos da materia (temas 1 e 2) -sobre as explicacións dos seminarios da docente- na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma MooVi.O resultado de aprendizaxe avaliada é: Comprender os conceptos clave arredor do patrimonio cultural, a nivel xurídico, para a súa formación académica e o seu desenvolvemento profesional a través dunha síntese coherente e ordenada do abundante e disperso corpus legal neste ámbito. 40 B1
C3
C4
D1
D9
Estudo de casos Realizaranse os traballos e proxectos propostos pola docente, utilizando ferramentas de entrega remota na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma MooVi.El resultado de aprendizaxe avaliado é: Capacitar ao alumno para desenvolver proxectos e traballos no ámbito patrimonial con suficientes coñecementos legais, a través declases eminentemente prácticas. 25 C3
C4
Resolución de problemas Realizaranse os traballos e proxectos propostos pola docente, utilizando ferramentas de entrega remota na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma mooVi.O resultado de aprendizaxe avaliada é: a análise crítica de aspectos relacionados co Patrimonio Cultural 25 B1
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo
”, do 2023, existen dous
sistemas de avaliación que o alumnado poderá elixir: o preferente, que se
aplicará por defecto, de “avaliación
continua
” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación
global
” (exames e/ou entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas
oficiais de avaliación establecidas no calendario académico), que deberá ser
expresamente solicitado polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado
responsable no prazo máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre.

As
probas de “avaliación global” desta
materia consistirán no seguinte: nas mesmas que na avaliación continua.

O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente.

Para a culminación exitosa da materia, é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster (Faitic), o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente.Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo.É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible e non esperar ao límite da data de entrega.

A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo, cos mesmos requisitos.

Esta materia é English Friendly, o que implica o
seguinte compromiso: A materia impártese en castelán e galego pero o profesorado traduciu a Guía docente ao inglés; Facilitaranse
materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, as titorías serán atendidas en inglés, se
así o demanda o estudante internacional, e as probas e avaliacións deseñaranse
e implementaranse en inglés (todo isto farase se así o demanda o estudante
internacional).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000