Educational guide 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión de 1 hora de duración destinada á presentación da materia, da docente e a toma de contacto co alumnado. Despois de realizar unha breve presentación e toma de contacto entre a docente e o alumnado, explicarase a contorna no que se desenvolverá o módulo (a través de ferramentas de teleformación e telecomunicación); presentarase a materia e os seus obxectivos básicos; realizarase unha explicación básica dos contidos de cada tema e os principais recursos para a súa aprendizaxe; así como o calendario, metodoloxía e criterios de avaliación. Finalmente explicaranse os recursos dispoñibles para porse en contacto coa docente e os compañeiros, formular preguntas ou realizar tutorías online.

Seminario Estarán a disposición do alumnado 4 horas de tutoría en grupo coa finalidade de orientación, asesoramento e resolución de dúbidas no proceso de aprendizaxe a través de medios de teleformación.
Estudo de casos Proporase a análise dun ou varios problemas ou casos reais, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, como medio encamiñado á aplicación práctica da teoría estudada na materia. Realizarase a través de medios de teleformación.
Resolución de problemas Actividades vinculadas ao desenvolvemento da reflexión, o debate, a crítica e a xeración aberta de alternativas e hipóteses de solución, utilizando os coñecementos e habilidades que pretenden desenvolverse a través desta materia. Realizarase a través de medios de teleformación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000