Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Establecer relacións entre as características dos conceptos analizados e dos contextos e dinámicas sociais e políticas estudadas.
  A2 Identificar os elementos que conforman unha cultura política e que permiten distinguir entre as diferentes culturas dunha época e un lugar determinado.
  A3 Identificar as bases metodolóxicas e historiográficas sobre as que se sostén a interpretación dun determinado fenómeno histórico.
  A4 Interpretar os fenómenos sociais e culturais así como os conflitos políticos á luz da súa xenealoxía fenomenolóxica e conceptual.
  A5 Realizar actividades de investigación arquivística, museística, bibliográfica, audiovisual e informática aplicadas aos campos da historia, o territorio e os recursos patrimoniais.
  A6 Coñecer e saber aplicar a lexislación vixente sobre o patrimonio cultural, así como a das institucións relativas ao tratamento e á protección.
  A7 Adquirir a capacidade para discriminar e valorar as distintas manifestacións do patrimonio así como interpretar e utilizar as normas de aplicación deste.
  A8 Capacidade para a toma de decisións sobre a función que se lle asigna ao patrimonio, a súa posta en valor e uso público.
  A9 Habilidade na aplicación de criterios e no coñecemento e utilización de técnicas e de instrumentos para a análise, valoración e xestión do patrimonio.
  A10 Capacidade para a aplicación de metodoloxías de análise do patrimonio territorial segundo obxectivos de protección e posta en valor.
  A11 Capacidade para elaborar estratexias encamiñadas á recuperación do patrimonio.
  A12 Capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o patrimonio.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Analizar, sintetizar e interrelacionar feitos e conceptos histórico-xeográficos e artísticos dende unha perspectiva crítica.
  B2 Establecer hipóteses a partir de datos dispoñibles e proceder á súa confirmación ou refutación mediante a aplicación dunha metodoloxía científica.
  B3 Dominar a formulación de problemas de investigación teórica e aplicada.
  B4 Coñecer e utilizar os recursos documentais máis recentes en relación coa temática do mestrado.
  B5 Traballar interdisciplinarmente
  B6 Saber xestionar a información recollida.
  B7 Presentar por escrito os resultados do traballo de investigación con criterios de calidade científica.
  B8 Aplicar a informática e outros medios audiovisuais ao traballo de fin de mestrado.
  B9 Comprometerse a desenvolver e manter unha actitude ética tanto no seu traballo coma nas súas relacións sociais.
  B10 Mostrar sensibilidade ante a problemática ambiental.
  B11 Compromiso ético
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000