Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B3 Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica
B4 Desenvolver as destrezas asociadas á elaboración, transmisión e xestión do ""saber"" e ""saber facer"" adquirido así como dos resultados do seu razoamento crítico
B6 Aplicalas no contexto do futuro académico e/ou profesional; e crear as bases para futuros estudos de postgrao, especializados e/ou multi-disciplinares
C1 Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía física
C2 Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía Humana
C3 Coñecemento das claves e desenvolvemento dos espazos xeográficos, (aspectos físicos, humanos, económicos) na súa dinámica socio-territorial
C4 Conciencia crítica da relación entre os fenómenos xeográficos, físicos e humanos, a diferentes escalas territoriais
C5 Integración das dimensións espacial e temporal na explicación dos procesos territoriais
C6 Coñecemento e aplicación dos principais métodos e técnicas de investigación xeográfica
C7 Uso correcto da información xeográfica como instrumento de interpretación dos sistemas territoriais
C8 Desenvolvemento e aplicación dos procedementos de traballo de campo
C9 Capacidade de análise e interpretación das paisaxes
C10 Capacidade de relacionar, sintetizar e expresar información xeográfica en sistemas gráficos e cartográficos
C11 Coñecemento e desenvolvemento de habilidades no ámbito da ordenación e planificación territorial
C12 Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
C13 Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais
C14 Coñecemento da estrutura diacrónica xeral do pasado
C15 Coñecemento de linguas antigas
C16 Coñecemento detallado dun ou máis períodos específicos do pasado da humanidade
C17 Capacidade de ler textos historiográficos e documentos orixinais na propia lingua así como de transcribir, resumir e catalogar información de forma pertinente
C18 Coñecemento e habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo e referencias electrónicas
C19 Coñecemento da historia nacional propia
C20 Coñecemento da historia europea nunha perspectiva comparada
C21 Coñecemento da historia da integración europea
C22 Coñecemento da historia universal
C23 Capacidade de identificar e utilizar apropiadamente fontes de información para a investigación histórica
C24 Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais da Historia da Arte
C25 Visión diacrónica xeneral da Historia da Arte Universal
C26 Visión diacrónica rexional e completa dos fenómenos artísticos territoriais
C27 Coñecementos particulares e optativos da Historia da Arte
C28 Coñecemento das distintas metodoloxías da aproximación á Historia da Arte
C29 Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes e técnicas da produción artística ao longo da historia
C30 Coñecemento das principais fontes literarias e documentais da Historia da arte
C31 Coñecementos básicos de iconografía como clave para a interpretación de imaxes
C32 Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte
C33 Coñecementos sobre documentación, composición de materiais e técnicas construtivas dos bens artísticos mobles e inmobles
C34 Coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Aplicación dos coñecementos
D3 Capacidade de organización e planificación
D4 Comunicación oral e escrita no idioma propio
D5 Capacidade de xestión da información e o coñecemento
D6 Resolución de problemas e toma de decisións.
D7 Capacidade de razoamento crítico
D8 Compromiso ético e responsabilidade social
D9 Traballo en equipo en diversos contextos
D10 Atención á diversidade e multiculturalidade.
D11 Capacidade de aprendizaxe autónoma
D12 Capacidade para imprevistos, creatividade e lideranza
D13 Iniciativa e espírito emprendedor
D14 Motivación pola calidade
D15 Sensibilidade a temas ambientais.
D16 Coñecemento doutras culturas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000