Prácticum, Practicas externas e clínicas |
O alumnado contará con dous titores/as, un na entidade na que se realicen as prácticas e outro de carácter académico, que formará parte do profesorado da titulación. Levarán a cabo tarefas de orientación e resolución de problemas, e elaborarán e entregarán ao alumnado a bibliografía necesaria para a preparación e execución das tarefas e traballos de cada unha das prácticas externas xunto co proxecto formativo específico da práctica. Os recursos para o seguimento que utilizarán os titores/as académicos serán as titorías individuais, o correo electrónico e a aula do campus remoto. |
|