Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prácticas externas
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas externas O alumnado contará con dous titores/as, un na entidade na que se realicen as prácticas e outro de carácter académico, que formará parte do profesorado da titulación. Levarán a cabo tarefas de orientación e resolución de problemas, e elaborarán e entregarán ao alumnado a bibliografía necesaria para a preparación e execución das tarefas e traballos de cada unha das prácticas externas xunto co proxecto formativo específico da práctica. Os recursos para o seguimento que utilizarán os titores/as académicos serán as titorías individuais, o correo electrónico e a aula e-meeting.
Probas Descrición
Informe de prácticas Os/as titores/as orientarán ao alumnado na redacción da memoria de prácticas e na elaboración do informe final. Os recursos para o seguimento que utilizarán os titores/as académicos serán as titorías individuais, o correo electrónico e a aula e-meeting.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000