Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a realización dun examen que inclúe preguntas de resposta curta e pechadas con diferentes alternativas de resposta ou ben preguntas cortas. Valoraranse os coñecementos teóricos e prácticos sobre a materia, así como a capacidade de relación dos contidos. Para superar a materia será preciso acadar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa historia dende una perspectiva sincrónica e diacrónica. 40 B1
C19
D1
Traballo tutelado Presentación e entrega, na data sinalada, do traballo realizado de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Serán expostos o defendidos na aula. Valorarase o marco teórico, os contidos do mesmo, a estructura, a claridade expositiva, a presentación, capacidade de síntese e análise crítica. Os resultados de aprendizaxe avaliados son: elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais e colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas. 25 A3
B3
C13
D4
Resolución de problemas Presentación e entrega, nas datas sinaladas, dun dossier cos exercicios prácticos e actividades dirixidas realizadas na aula ou no arquivo segundo os criterios establecidos. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: análise e valoración dos conceptos e o uso de fontes e das interpretacións historiográficas. 15 C17
C23
D5
Obradoiro Presentación, análise e crítica dos materiais traballados nos seminarios. Valorarase a capacidade de traballo, razocinio, fomento e participación no debate.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A4
C12
D5
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización e presentación en tempo e forma das distintas tarefas establecidas nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titoríass e outras actividades. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: elaboración de traballos básicos e de iniciación. 10 B1
C19
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos
mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua, así como facer a entrega en tempo e forma de todas as tarefas asociadas. Igualmente, deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como
imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos:
Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico.
Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da
facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

 Os
estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia
a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade
de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos
teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do
alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán
cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no
sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para
todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

Aqueles estudantes que elixan
ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán
comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles
dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
 da Universidade de Vigo) . Estes alumnos serán avaliados dos contidos da materia
mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo
obrigatorio que respresentará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar
asinado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e
entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a realización do mesmo
en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial
e opción de avaliación global), para superar a materia, requírese obter unha
cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e
prácticos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000