Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización dunha proba na que se valorarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a capacidade de estructuración e relación dos contidos, así como a claridade expositiva. Incluirá probas de contido teórico e práctico. Para superar a materia será preciso acadar, en cada una das dúas probas, cando menos unha cualificación de 5 puntos sobre 10.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia dende una perspectiva sincrónica e diacrónica.
40 B1
C19
D1
Traballo tutelado Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Serán expostos o defendidos na aula. Valorarase o marco teórico, contidos, estructura, presentación e capacidade de síntese e análise crítica.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais e colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
25 A3
B3
C13
D4
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas, dun dossier cos exercicios prácticos e actividades dirixidas realizadas na aula ou no arquivo conforme os criterios establecidos.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos e uso de fontes e das interpretacións historiográficas.
15 C17
C23
D5
Seminario Presentación, análise e crítica dos materiais traballados nos seminarios. Valorarase a capacidade de traballo, razocinio, fomento e participación no debate.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A4
C12
D5
Autoavaliación Valoración e avaliación do traballo autónomo do alumnado, mediante a realización dos cuestionarios de autoavaliación sobre os contidos da materia a través de Moddle. Computaranse as respostas correctas. Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia Moderna do territorio propio e valoración dos contidos básicos dende unha perspectiva compararada. 10 B1
C19
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan aceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como impresncindibles.
Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar o exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo).  Aqueles alumnos/as que non poidan acollerse á avaliación continua serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará o 30% restante. O devandito traballo, que versará sobre os contidos da materia, deberá estar asinado, como mínimo, un mes antes da realización do examen oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000